h
hh
CENTRO DE ESTUDOS GALEGOS
Galicienzentrum an der CAU zu Kiel
hh
h
h

SOBRE O CEG

NOVIDADES

CURSOS

PROXECTOS

PUBLICACIÓNS

O CAMIÑO DE SANTIAGO

ROTEIRO LITERARIO BERLÍN, 1930

ROSALÍA DE CASTRO

TRADUCIÓNS

ARQUIVO

GALICIA

CONTACTO

LIGAZÓNS

IMPRESSUM





O Centro de Estudos Galegos

O Centro de Estudos Galegos (CEG) creouse en outubro de 2007. Pertence ao Seminario de Linguas Románicas da Universidade Christian-Albrecht (CAU) de Kiel e está finanziado pola Xunta de Galicia. A labor do CEG nesta universidade é a de achegar a cultura e a lingua galega ao norte de Alemaña. Por iso, ademais dos cursos de lingua e cultura que se imparten na universidade, organízanse tamén excursións a Galicia. Por outro lado, o CEG tamén oferta obradoiros de tradución nos que colaboran tradutores novos xunto con outros profesionais traducindo literatura galega ao alemán, como por exemplo, o obradoiro que achegou a escritores contemporáneos como Miguel Anxo Fernán-Vello e Xulio L. Valcárcel a Alemaña.

O director do CEG é o Prof. Dr. Javier Gómez Montero.

Desde outubro de 2017 Alma Sánchez é a lectora do centro.
Desde outubro de 2016 a setembro de 2017 Martín Vázquez Fernández foi o lector do centro.
Desde outubro de 2013 ata setembro 2016 Antía Marante Arias foi a lectora do centro.
Desde outubro de 2010 ata setembro 2013 Paz Huete Iglesias foi a lectora do centro.
Desde outubro de 2007 ata outubro de 2010 Uxía Iglesias Tojeiro foi a lectora.







h
h