CENTRO DE ESTUDOS GALEGOS
 
   
 

 

 

 

O CENTRO DE ESTUDOS GALEGOS


O Centro de Estudos Galegos (CEG) creouse en outubro de 2007. Pertence ao Seminario de Linguas Románicas da Universidade Christian-Albrecht (CAU) de Kiel e está finanziado pola Xunta de Galicia. A labor do CEG nesta universidade é a de achegar a cultura e a lingua galega ao norte de Alemaña. Por iso, ademais dos cursos de lingua e cultura que se imparten na universidade, organízanse tamén excursións a Galicia. Por outro lado, o CEG tamén oferta obradoiros de tradución nos que colaboran tradutores novos xunto con outros profesionais traducindo literatura galega ao alemán, como por exemplo, o obradoiro que achegou a escritores contemporáneos como Miguel Anxo Fernán-Vello e Xulio L. Valcárcel a Alemaña.

O director do CEG é o Prof. Dr. Javier Gómez Montero. Desde outubro de 2010 Paz Huete Iglesias é a lectora do centro. Desde outubro de 2007 ata outubro de 2010 Uxía Iglesias Tojeiro foi a lectora.